Expertos de diferentes eidos informan en directo dos teus dereitos como consumidor/a.
Continuamos co tratamento das reclamacións bancarias e facémolo da man da Maxistrada María Caramés Blanco quen abordará algunhas das materias máis controvertidas e de maior actualidade no panorama xudicial actual.
Comisión de apertura, IRPH, contratos de financiamento, préstamos ao consumo, cartóns de crédito, revolving.
Acompáñanos e resolve as túas dúbidas!!
Podes conectarte en directo á canle de Youtube de ConsumES. O formato destas actividades consiste nunha exposición breve e moi accesible por parte dun/unha experto/a na materia quen poderá resolver as dúbidas que lles plantexen os/as espectadores/as.